Biografía

2017. Vigo.

Durante unha noite de tolemia, coincidimos no escenario dun famoso karaoke da cidade. A química entre nós fíxose patente. Tanto que decidimos comprar un local de ensaio e formar unha banda como esas ás que tanto admirabamos. Esas que sonan a rock cavernoso e intimista con lingotazos de psicodelia e mais no wave.

«HEI! Por que non imos por aí a facer tremer as paredes de míticos garitos como Iguana Club, Kominsky, El Contrabajo, Sala Radar, Distrito 09, O Buril, Sala Capitol, Teatro Principal, Sala Aturuxo e Novo Labranza???!?!?!?» dixo Isa ó rematar de ensaiar cunha especificidade abrumadora.

MOI BOA IDEA!!! E así foi. Tocamos en todos eses lugares e incluso en máis.

Que música nos emociona?? Obviamente Sonic Youth, Beasts of Bourbon, The Sadies, Kim Salmon, King Crimson, Ana Kiro, Nick Cave, Bauhaus, The Velvet Undergroud, The Stooges e a Sandra flípalle o calabaza bésame boogie.